jueves, 8 de abril de 2010

Sketchup




Google SketchUp é un programa que podes utilizar para crear modelos en 3D de todo o que queiras.Redecora a túa sala de estar. Deseña un moble novo. Crea un modelo da túa cidade para Google Earth. Crea un "skatepark" para a túa cidade e, logo, exporta unha animación e compártea en YouTube. Non hai límites ao que podes crear con SketchUp. Podes construír modelos desde cero ou descargar o que necesites. Usuarios de todo o mundo comparten os seus traballos na Galería 3D de Google. É un inmenso almacén onde buscar modelos e gratis!

No hay comentarios:

Publicar un comentario