jueves, 22 de octubre de 2009

Diccionario de informatica:

Blog: Un blog, ou en español tamén unha bitácora, é un sitio web periodicamente actualizado que recompila cronoloxicamente textos ou artigos dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente

Blogger: Blogger é un servizo creado por Pyra Labs para crear e publicar un blog. O usuario non ten que escribir ningún código ou instalar programas de servidor ou de scripting. Blogger acepta para o hosting dos blogs o seu propio servidor (Blogspot) ou o servidor que o usuario especifique (FTP ou SFTP)


Permalink: Un permalink é unha ligazón permanente. úsase nos blogs para asignar unha URL permanente a cada entrada do blog, para logo poder referenciarla. Desta forma estamos a identificar de maneira univoca un contido (artigo, discusión, análise,..) sobre un tema ou cuestión no blog de destino. é dicir, facilítase o acceso (e unha referencia) directo a todos aqueles que poidan estar interesados no contido referenciado

Blogosfera: é o termo baixo o cal se agrupa a totalidade de weblogs e derívase da palabra inglesa blogosphere. Debido a que os blogs ou as bitácoras están conectadas por medio de ligazóns, comentarios, históricos e referencias crearon e definido a súa propia cultura. Por tanto, a blogosfera como palabra e concepto é inherente aos weblogs. Podemos considerar a Blogosfera como un sistema virtual, no que se establecen comunidades de weblogs, categorizados temáticamente ou por perfís de interese. Estes conforman, pois, a mensaxe e a blogosfera, o lugar para habitar en internet.

1 comentario: